A XI exposición fotográfica ” Viaxando” chega a Baiona

A praza de Abastos de Baiona acollerá durante o mes de xuño a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao  XI Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflicte inquietudes, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade. O  Concello de Baiona foi elixido para pechar esta exposición itinerante.

No certame poderase ver de primeira man os traballos presentados por vinte novos participantes dos  Concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Mocidade de Tui.

A actividade está organizada polas oito  OMIXs do Baixo Miño e O Val Miñor e pola Casa de Mocidade de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria que se vai afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.

A fotografía gañadora do certame, que se deu a coñecer no mes de outubro, foi «  Namorados non  Interrail », obra do tomiñés Daniel Álvarez  Fonterosa.

Así mesmo, infórmase de que de que xa está aberto o prazo da  XII edición deste concurso, no cal poderán participar novos e mozas de entre 16 a 35 anos.

O prazo para a presentación de fotografías está aberto ata o 26 de setembro de 2018, e o premio consiste nun curso personalizado de fotografía.

Máis información na OMIX do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925, ou no resto de Omix participantes. Pode consultar ás bases do concurso a continuación

– BASES CONCURSO VIAXANDO

GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM