A «Xira Neón» de Fredi Leis, no Teatro Afundación Vigo

O intérprete galego actuará no Teatro Afundación Vigo o sábado 23 de novembro
Publicado por o día 18/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A «Xira Neón» de Fredi Leis, no Teatro Afundación Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará no seu Teatro Afundación Vigo o concerto de Fredi Leis enmarcado na súa «Xira Neón», o próximo sábado 23 de novembro, ás 21.00 h. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

FREDI LEIS

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor galego que, desde pequeno, empezou a tocar o piano de maneira autodidacta. Despois de xirar por salas de toda España e ser teloneiro de Alejandro Sanz , Malú e Rozalén, en 2018 estreou o seu primeiro disco. O seu primeiro single Mariposas converteuse nun dos seus temas máis recoñecidos. Logo viñeron Sálvate e Apenas, que acumulan millóns de reproducións en Spotify e Youtube. A súa xira «Neón» está sendo un éxito por toda España, esgotando entradas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.