A XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas supera as expectativas

A festa superou en cifras xerais á pasada edición.
Por o 05/06/2018 | Sección: Galicia,Ribadumia
A XLVI Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas supera as expectativas
Compartir en:

O Concello de Ribadumia informa de que este ano, a pesar de que o tempo non acompañou en algúns momentos, a festa superou en cifras xerais á pasada edición.

Foron milleiros de persoas as que se achegaron a Ribadumia a desfrutar da súa festa grande. Orquestras, bandas de rock, pasacalles, xogos populares e exhibicións de patinaxe artístico ou ximnasia rítmica foron algunhas das actividades organizadas para desfrute dos presentes.

O Xantar de Confraternidade, que nesta ocasión atraeu a un bo número de novos comensais de fora do municipio, bateu récords con máis de 700 persoas. Autoridades, veciños e visitantes degustaron o tradicional menú de polbo á feira, carne ao caldeiro, fresas con viño e rosca, acompañado polos mellores tintos seleccionados nesta edición polos catadores.

En canto ás ventas de viño, as cifras experimentaron un  ascenso con respecto á pasada edición. Así mesmo, cabe destacar a gran afluencia de visitantes que se achegaron a degustar os caldos dende diversos puntos de Galicia e incluso de fóra da nosa comunidade, o que supón non só un recoñecemento a Ribadumia, senón tamén unha perfecta oportunidade para dar a coñecer a festa máis alá do municipio.