A Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a comunidade islámica avanzaron hoxe na habilitación de espazos nos que poidan ser soterrados os defuntos desta fe relixiosa.
A directora xeral de Administración local, Marta Fernández Tapias; o presidente da Fegamp, Alfredo García, e o deputado do Partido Popular Alberto Pazos mantiveron unha xuntanza cos representantes da comunidade islámica.
Tanto a Xunta como a Fegamp comprometéronse a estudar conxuntamente as posibilidades técnicas e legais para poder habilitar espazos nos cemiterios municipais que permitan soterrar a membros da comunidade islámica, co que se cumpriría o acordo parlamentario aprobado ao respecto.
Noticias de última hora en Vigo