A Xunta activa a alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org
Publicado por o día 02/02/2021 na sección de Galicia,Mar,Xunta de Galicia

A Xunta activa a alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña e nas Rías Baixas

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por choivas no suroeste da provincia da Coruña e nas Rías Baixas.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase 80 mm/12 horas no suroeste da provincia de A Coruña e nas Rías Baixas. No interior e na zona do Miño da provincia de Pontevedra, e no oeste da Coruña esta activada alerta amarela, podendo acadar os 60mm/12 horas. Está tamén activado un aviso amarelo por vento na mariña lucense con refachos que poden acadar os 90km/h.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.