A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña partir de mañá

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org
Publicado por o día 19/01/2020 na sección de Galicia,A Coruña

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña partir de mañá

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro na provincia da Coruña.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta que espera e de comezo a mediodía do día 20/01/2020 con vento do NE forza 8 entre Fisterra-Sisargas e Intervalos de vento do NE forza 8 entre Sisargas-Bares, con mar Combinada del N o NE de 4 a 5 m. O resto do litoral galego estará en nivel amarelo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.