A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Agárdanse ventos que poderán acadar forza 9 e mar combinada con ondas de entre 5 e 7 metros segundo a zona

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor das 18,00 horas no noroeste da Coruña e na costa da provincia de Lugo. Na madrugada do sábado ao domingo estenderase tamén ao oeste da Coruña. Agárdanse ventos do sur de forza 8 ou 9, e mar combinada do noroeste con ondas de entre 5 e 7 metros segundo a zona.

Ademais, toda a franxa costeira das provincias da Coruña e Lugo estará en alerta amarela por vento e poderanse acadar refachos máximos entre os 80 e os 90 quilómetros por hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM