A Xunta activa o Plan de financiamento empresarial de Galicia 2019 para facilitar a posta en marcha e consolidación de 800 proxectos

Feijóo salienta que contará cun orzamento de 100M€ e prevé mobilizar preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros
Por o 21/03/2019 | Sección: Economía,Emprego
A Xunta activa o Plan de financiamento empresarial de Galicia 2019 para facilitar a posta en marcha e consolidación de 800 proxectos
Compartir en:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento.Especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial, engadiu.

A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M€, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais, dixo, prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.

O presidente da Xunta sinalou que esta iniciativa será impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e XesGalicia coa colaboración doutras entidades como: o Banco Europeo de Investimentos (BEI), o Instituto de Crédito Oficial(ICO), as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo e a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE).

Sobre este punto, Feijóo pasou a detallar algunha das principais novidades deste plan que se puxo en marcha por primeira vez no ano 2014. Entre elas atópase o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10M€, cunha dotación de 16,5M€.

Tamén a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur, e dunha liña de avais que para esta convocatoria terá unha ampliación do límite da operación financeira, dos 500.000€ ata 1M€.

Comentar noticia

Your email address will not be published.