A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada PO-325 ao seu paso por San Miguel de Oia, no Concello de Vigo

A actuación na estrada autonómica suporá un investimento de case 27.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 3 meses
Publicado por o día 17/09/2020 na sección de Galicia,Xunta de Galicia

A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada PO-325 ao seu paso por San Miguel de Oia, no Concello de Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-325 ao seu no núcleo de San Miguel de Oia, no concello de Vigo.

Esta intervención foi adxudicada á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L., por un importe de 26.768 euros, e prevé o seu comezo nas vindeiras semanas. O prazo de execución das obras é de 3 meses.

Trátase de mellorar a seguridade viaria nesta contorna, coa construción dunha senda peonil na marxe esquerda da estrada, entre a intersección dos camiños da Senra, da Verdella e de Mide e o centro social San Miguel de Oia, ao que se accede desde unha intersección situada no punto quilométricos 6+940.

As obras proxectadas consisten na execución dunha senda de 2,50 metros de ancho, adaptándose ao espazo dispoñible no dominio público viario. Construirase en pavimento de formigón tintado, reforzado con mallazo nas zonas de acceso ás edificacións existentes.

Os traballos inclúen o acondicionamento do terreo, así como a canalización das augas pluviais xeradas na zona, mediante un colector de pluviais de diámetro de 315 mm. Ademais, executaranse pozos de rexistro e sumidoiros para captación e rexistro das augas pluviais. Tamén serán retiradas aquelas canalizacións enterradas que aparezan durante a execución da escavación e que non estean en correcto estado de servizo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.