A Xunta agarda que a ministra de sanidade aproveite a súa visita ao laboratorio de referencia de biotoxinas de Vigo para involucrarse no protocolo de colaboración co intecmar prometido por Galicia

Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta agarda que a ministra de sanidade aproveite a súa visita ao laboratorio de referencia de biotoxinas de Vigo para involucrarse no protocolo de colaboración co intecmar prometido por Galicia

A Xunta de Galicia agarda que -malia non ter sido convidada formalmente de xeito algún á visita que realiza esta mañá a ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo, ao Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Marinas de Vigo- esta aproveite para anunciar que o Goberno central se involucrará e dará continuidade á tramitación do protocolo que sentará as bases de colaboración entre ese centro e o Intecmar en materia de control das zonas de produción de moluscos bivalvos.

Un acordo de colaboración que daría continuidade á iniciativa aprobada no Parlamento de Galicia o pasado mes de novembro na que se instaba á Xunta a dirixirse ao Ministerio para que se seguise a tramitación do convenio, se adecuase definitivamente, se asinase e se aplicase o protocolo de actuación entre a Xunta e o Goberno do Estado. Esta comunicación foille trasladada ao gabinete do Ministerio en decembro pasado.

Cabe lembrar que a proposta deste protocolo xurdiu a raíz dunha reunión que a conselleira do Mar, Rosa Quintana mantivo en xaneiro do ano pasado en Bruxelas co anterior director xeral da DG Sante da Unión Europea, Xavier Prats, quen sinalou a posibilidade de que o Laboratorio de Referencia de Vigo sentase as bases para establecer un protocolo de traballo conxunto co Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Esta xuntanza tivo lugar despois de que se coñecese que recaía en Galicia a parte máis importante dese laboratorio europeo de referencia, ubicado no Reino Unido; unha circunstancia que se producía como unha das consecuencias da decisión deste país de abandonar a Unión Europea.

A proposta foi inmediatamente trasladada pola Xunta ao Ministerio de Sanidade do anterior Goberno central como unha posibilidade para que Galicia aumente as competencias de forma directa no eido do control das zonas de produción de moluscos bivalvos. De feito, con este protocolo, a Axencia Española de Consumo Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) derivaría no Intecmar boa parte das funcións do Laboratorio Nacional de Referencia para biotoxinas mariñas e control e clasificación das zonas de produción, involucrando á comunidade autónoma galega, a través do Intecmar, en boa parte das accións propias do Laboratorio Nacional de Referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.