A Xunta ampliou ata os 86,2 M€ o Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros para dar resposta a todas as solicitudes xa tramitadas

A Xunta ampliou ata os 86,2 M€ o Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros para dar resposta a todas as solicitudes xa tramitadas
Publicado por o día 28/12/2020 na sección de Galicia,Xunta de Galicia

A Xunta ampliou ata os 86,2 M€ o Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros para dar resposta a todas as solicitudes xa tramitadas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe por videoconferencia en Santiago de Compostela unha xuntanza coa Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequena Empresas (APE-Galicia) na que fixo unha valoración do Plan de rescate de autónomos, microempresas e os establecementos hostaleiros posto en marcha pola Xunta para paliar os efectos da covid-19.

A Administración autonómica recibiu 40.000 solicitudes para as tres liñas de apoios (autónomos con e sen persoal a cargo; autónomos con persoal a cargo e microempresas; e os establecementos hostaleiros pechados polas medidas ditadas pola autoridade sanitaria) das que antes do Nadal xa se tiñan xestionadas e pagadas o 40% destas peticións. Neste senso, Lorenzana destacou a axilidade coa que a Xunta está a tramitar estas axudas. “En menos dun mes desde a súa publicación as axudas xa están chegando aos cidadáns para dotarlles de liquidez”, apuntou.

A titular de Emprego e Igualdade apuntou, así mesmo, que o Goberno galego decidiu ampliar en 2,2 millóns de euros o Plan de rescate, en concreto na liña de autónomos con persoal a cargo e microempresas, para poder dar resposta a todas as solicitudes tramitadas ata o de agora e que compren cos requisitos. Así, o Plan de rescate conta nestes momentos cun orzamento de 86,2 millóns de euros.

Hoxe remata o prazo para presentar as solicitudes nas liñas para autónomos con persoal a cargo e microempresas; e para establecementos hostaleiros pechados polas medidas implantadas pola autoridade sanitaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.