A Xunta anuncia que permanecen en sus domicilios máis de 1.200 personas con coronavirus

Galicia rexistra un total de 1.832 casos infectados por coronavirus, con 1.247 deles na casa e 47 xa foron dados de alta.
Publicado por o día 26/03/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Sanidad,Xunta de Galicia

A Xunta anuncia que permanecen en sus domicilios máis de 1.200 personas con coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol. Os catro tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 8.805.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Una respuesta para "A Xunta anuncia que permanecen en sus domicilios máis de 1.200 personas con coronavirus"

  1. Gamela   27/03/2020 at 12:12

    O número de PCR realizadas é de 8.805 (?)
    En Vigo tiveron en AISLAMENTO a unha familia con dous nenos durante 15 días! E ninguén foi a facerlles a PCR nin lles permitiron subir ao Meixoeiro para facela!

    Chamaron tódolos días e a resposta era sempre a mesma, permanezcan na casa, onte cumpriron os 15 días e a resposta foi alucinante: a vostedes xa non se lles farán os test (sigan na casa) !

    Así ninguén sabe se estaban ou non estaban infectados polo virus (?) e supoño en en miles de casos o PROTOCOLO segue a ser o mesmo: quédate na casa e xa veremos como evoluciona a pandemia pola tele…

    As recomendacións da OMS de facer o maior número posible de test para controlar os FOCOS da pandemia, aquí entenden que é mellor agardar ata que os avós queden infectados e levalos ao LAZARETO (Residencias Integradas) que xa quedaron sen prazas en 2 días…

    Polo menos que non os movan por Galicia adiante, os residentes de Vigo temos un fermoso lazareto na illa de San Simón… Cercáronme as ondas, que grandes son… Como grande é a estupidez dos políticos que viven no Monte Pío!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.