A Xunta aposta por cumprir os obxectivos da política común de pesca a través de accións que outorguen máis posibilidades de pesca para a frota galega

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Mar

A Xunta aposta por cumprir os obxectivos da política común de pesca a través de accións que outorguen máis posibilidades de pesca para a frota galega

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, puxo hoxe de relevo a importancia de cumprir os obxectivos marcados pola Política Común de Pesca a través de accións que supoñan a eliminación da suxeición a TACs e cotas daquelas especies sen risco de conservación, de escasa relevancia de captura, alto valor comercial e a posibilidade de que esas especies se convertan en especies de estrangulamento. Fíxoo na xornada Especies sometidas a TACs e cotas e a nova Política Pesqueira Común, celebrada nas instalacións da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Alí a directora xeral reiterou que “nesa liña vai unha das principais reclamacións que a Xunta e o Consello Galego de Pesca fixeron no ditame sobre a comunicación da Comisión ao Parlamento e ao Consello sobre a consulta das posibilidades de pesca para 2019”, que lle foi trasladado ás instancias europeas. Finalmente enxalzou a importancia de celebrar este tipo de xornadas para poñer en común as accións feitas e traballar en conxunto para mellorar as solucións que se van propoñendo.