A Xunta aposta por que a mocidade galega teña acceso a unha formación adaptada ás novas necesidades do mercado laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe os alumnos e alumnas que participan no Programa Integrado de Emprego que desenvolve a Asociación Agarimo
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Emprego,Formación,Xunta de Galicia

A Xunta aposta por que a mocidade galega teña acceso a unha formación adaptada ás novas necesidades do mercado laboral

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, salientou hoxe a importancia de que a mocidade teña acceso a unha formación adaptada ás novas necesidades do mercado laboral para incrementar as súas oportunidades de atopar un posto de traballo. Así o manifestou durante unha visita ao Programa Integrado de Emprego que desenvolve a Asociación Agarimo, no que participan un cento de mozos e mozas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.

Casal tivo ocasión de reunirse cos alumnos e alumnas dun dos cursos sobre redes sociais no traballo que se imparte no marco deste programa e, tamén, cos que se forman para obter un certificado de profesionalidade na rama de actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería. Estes son un dos moitos cursos que se ofertan, ademais de formación en competencias lingüísticas e no uso das novas tecnoloxías, un programa escola de emprendemento, outro de formación á carta orientada ás necesidades concretas das empresas e diversos obradoiros sobre habilidades persoais.

A Xunta inviste neste programa, que ten un ano de duración e finaliza a mediados de novembro, máis de 300.000 euros e, nel, participan mozos e mozas dos concellos da Coruña, Arteixo e Carballo. Son máis de 1100 horas de formación e o obxectivo é acadar un nivel de inserción do 40 por cento.

Neste momento estanse a desenvolver en Galicia 46 programas integrados de emprego cun investimento de máis de 10,5M€ para beneficiar a 4600 persoas desempregadas. Forman parte da nova Axenda de Emprego, coa que o Goberno galego é pioneiro no impulso dun modelo de formación dual e flexible adaptado ás demandas do tecido produtivo. Nese sentido, os mozos e mozas ocupan un lugar prioritario nas políticas activas de emprego que desenvolve a Xunta de Galicia porque o obxectivo é brindarlle as máximas oportunidades de acceso ao mercado laboral.

O programa

O programa de especialización comprende aquela formación orientada a desenvolver determinadas habilidades, aptitudes e actitudes que permiten o desenvolvemento integral da persoa no contexto laboral.

Xestión do tempo para conseguir os teus obxectivos profesionais (16 horas)

Actuación que a través dunha metodoloxía aberta os usuarios  adquirirán os coñecementos necesarios para conseguir unha eficaz xestión do tempo, e así poder utilizar técnicas e coñecementos para a consecución dos seus obxectivos profesionais.

Obradoiro Mindfulness (24 horas)

Actuación dirixida a dar a coñecer técnicas de  mindfulness para reducir a tensión, a ansiedade e xestionar as emocións co fin de que se  interioricen e permítannos experimentar un maior benestar e plenitude.

Obradoiro Xestiona as túas emocións para buscar emprego sen morrer no intento (8 horas)

Actuación dirixida a persoas en procura de emprego que desexen adquirir ferramentas de intelixencia emocional para afrontar esta tarefa con éxito, buscar emprego de forma activa, sen desgaste emocional.

Coaching para o teu Desenvolvemento Persoal e Profesional (32 horas)

Actuación dirixida a persoas en procura de emprego ou, interesadas en desenvolver o seu potencial como emprendedores/ as ou que, consideren o Autoemprego como unha opción laboral e que desexen adquirir e desenvolver ferramentas crave para conseguir con éxito os seus propósitos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.