A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, mantivo esta mañá unha reunión telemática cos alcaldes de Vilanova de Arousa e Ribadumia, Gonzalo Durán e David Castro, e anuncioulles que a Consellería do Medio Rural vén de aprobarlles senllos Plans de Infraestruturas Rurais (PIR) cun orzamento conxunto de 83.000€.
Estas actuacións, orientadas ao acondicionamento de espazos rurais para favorecer a mobilidade e os traballos propios do campo, acaban de ser adxudicadas, segundo lles trasladou a representante autonómica, co obxectivo de que poidan executarse proximamente tan pronto como se cumprimenten os trámites administrativos do contrato e mellore a climatoloxía.
Os proxectos aprobados consisten na pavimentación de camiños en Vilanova de Arousa, cun investimento máximo de 48.253€, e nas obras de mellora de diversas vías municipais no Concello de Ribadumia, cun orzamento de 34.966€.
Estas dúas actuacións son as proxectadas ao abeiro do PIR deste ano para a bisbarra do Salnés e compleméntase coas recollidas recentemente no Plan Marco, orientado tamén a obras de similares características e que incluiu acondicionamentos en Tragove-Corvillón (Cambados), Reboredo e Camiño Real de Ardia (O Grove), Camiño do Faro (A Illa de Arousa), Espiñeira-Carballoso (Meaño), Nogueira (Meis), Lavadoiro do Ramo (Ribadumia), Dorrón (Sanxenxo), Trabanca-Sardiñeira (Vilagarcía de Arousa) e Baión (Vilanova de Arousa). Estas nove obras supoñen outro investimento de 314.648€.
A delegada territorial explicoulles aos alcaldes tanto a concesión das súas respectivas solicitudes como o proceso administrativo en marcha que desembocará na execución dos traballos e puxo en valor este plan “para complementar outros programas e iniciativas da Consellería do Medio Rural, e incluso doutros departamentos autonómicos, orientados a seguir mellorando as infraestruturas, a conectividade e, en definitiva, a calidade de vida dos galegos que viven fóra dos núcleos urbanos e que, en moitos casos, se adican ao sector primario”.
A Xunta de Galicia aprobou para este ano un total de 17 Plans de Infraestruturas Rurais para a provincia de Pontevedra que beneficiarán a outros tantos municipios e que suporán un investimento global de 672.000€.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.