A Xunta asina coa Federación de Redeiras ‘O Peirao’ o convenio de colaboración para o seu funcionamento

A entidade disporá de 6.000 euros no marco deste acordo para gastos derivados da súa actividade durante este ano
Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Mar

A Xunta asina coa Federación de Redeiras ‘O Peirao’ o convenio de colaboración para o seu funcionamento

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou nos últimos días un convenio de colaboración coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’, Verónica Veres, por importe de 6.000 euros para contribuír ao funcionamento desta organización.

O convenio asinado, que estará vixente ata o 31 de decembro, ten como obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan este ano como consecuencia das actividades que desenvolva a federación.

Así, algúns dos gastos subvencionables a través desta colaboración son os de contratación de persoal, amortizacións e outros gastos correntes como por exemplo arrendamentos, reparacións ou material de oficina.

Para o control do bo funcionamento do convenio crearase unha comisión de seguimento, composta por dous membros da Federación Galega de Redeiras Artesás e outros dous da dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.