A Xunta avoga pola colaboración para afrontar as ameazas actuais na seguridade nacional e internacional

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, clausurou hoxe o “I Foro Noroeste de Seguridade: Nacional e Internacional”
Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta avoga pola colaboración para afrontar as ameazas actuais na seguridade nacional e internacional

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe na clausura do “I Foro Noroeste de Seguridade: Nacional e Internacional” a complexidade dos desafíos actuais aos que se enfronta a seguridade nacional e internacional e avoga por afrontalos en colaboración e de maneira global .

Santiago Villanueva resaltou que a seguridade é un obxectivo colectivo e, por tanto, debe ser compartido por tódalas Administracións, o sector privado e a sociedade civil. Por iso, instou a sumar todos os esforzos para mellorar a seguridade e garantir así o benestar dos cidadáns.

Na súa intervención, o director xeral de Emerxencias insistiu en que as ameazas actuais esixen traballar desde tódolos ámbitos como os corpos e forzas de seguridade, as Forzas Armadas, os servizos de intelixencia, as institucións democráticas e, ademais, coa cooperación internacional.

A Xunta amosa ou seu compromiso coa mellora da seguridade e amosa a súa dispoñibilidade e colaboración coa finalidade de acadar os obxectivos previstos nas políticas de Seguridade Nacional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.