A Xunta celebra esta semana en Vigo un encontro con autónomos para escoitar as súas propostas e informalo das axudas autonómicas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistirá á vindeira entrega dos Venres Autónomos, que se celebrará o 4 de outubro e cos que se busca coñecer de preto a realidade deste colectivo e escoitar cales son as súas propostas
Publicado por o día 29/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

A Xunta celebra esta semana en Vigo un encontro con autónomos para escoitar as súas propostas e informalo das axudas autonómicas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participará o vindeiro 4 de outubro nunha nova edición dos chamados Venres Autónomos. A cita, que terá lugar a partir das 09,30 horas no Espazo Muta (rúa de Joaquín Loriga, 9), pretende ser un encontro aberto entre a Administración e os traballadores por conta propia para que estes últimos expoñan as súas principais preocupacións de cara ao desenvolvemento do seu labor, achegando os aspectos fundamentais da realidade do sector.

O obxectivo da Xunta con estes encontros é facilitar espazos de diálogo que permitan amosar o apoio integral da Administración aos traballadores autónomos, impulsando os procesos de crecemento, a innovación, a internacionalización e a profesionalización, así como a conciliación.

En Galicia un de cada cinco traballadores é autónomo, sendo a Comunidade é a que conta cunha maior estabilidade neste tipo de emprego, con seis de cada 10 negocios con máis de cinco anos de antigüidade. A través da Estratexia Autónomo 2020, un acordo consensuado co sector a través da Mesa do Autonómo, achéganse medidas para facer máis doado o día a día dos traballadores, que incluén o fortalecemento do negocio, a contratación (sobre todo de mulleres e xente nova) e a atención ás novas demandas. Pódese obter información de todos estes apoios a través da Oficina do Autónomo (http://oficinadoautonomo.gal/).

Comentar noticia

Your email address will not be published.