A Xunta colabora co concello de Moaña na mellora das instalacións da rede de luz pública e na recuperación da praia da Videira

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves comprobaron hoxe as actuacións levada a cabo no concello

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañados da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, visitaron hoxe o concello de Moaña, onde comprobaron de primeira mas as actuación levadas a cabo, que neste caso foron melloras da instalacións da rede de luz pública e a recuperación do espazo degradado na praia de Videira.

Concretamente, na parroquia de Meira, levouse a cabo grazas á Orde de Infraestruturas de uso público, actuacións de mellora das redes de luz pública dotando ás instalacións dun sistema de alta eficiencia enerxética utilizando a tecnoloxía LED e adecuando a instalación ás necesidades reais, substituíndo e engadindo puntos de luz. Esta actuación permite a xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, co obxecto de continuar prestando os servizos aos cidadáns en condicións de calidade, minimizando custos ao xestionar de forma compartida as actuacións públicas

Como consecuencia dás melloras conséguese unha maior eficiencia enerxética e unha redución da contaminación luminosa e ambiental. Ademais dun aforro económico para o concello, tanto na facturación de enerxía eléctrica como no mantemento das instalacións, xa que con estas melloras acadase un aforro en enerxía dun 47% e en termos económicos, dun 42% sobre o custe anterior, ademais redúcense as emisións de CO2 nun 48%.

A directora xeral e o delegado da Xunta visitaron posteriormente outras das actuacións levada a cabo no concello grazas ás axudas da Vicepresidencia. Ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, o concello de Moaña recibiu tamén unha axuda de preto de 13.000 euros para a recuperación do espazo degradado na praia de Videira.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM