A xunta colabora coa federación galega de redeiras artesás na difusión da súa actividade para fomentar o relevo xeracional

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Mar

A xunta colabora coa federación galega de redeiras artesás na difusión da súa actividade para fomentar o relevo xeracional

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou esta mañá en Santiago a importancia de fomentar o relevo xeracional das redeiras e de promover a súa actividade como parte fundamental das actividades do mar. Fíxoo no transcurso da presentación de catro vídeos realizados ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, por importe de 3.000 euros.

Así, os vídeos informativos presentados, amosan as artes empregadas polas frotas de arrastre, cerco, palangre e artes menores e serán difundidos nas redes sociais coa finalidade de que a cidadanía coñeza a importancia da actividade das redeiras e de reforzar os coñecementos na reparación e mantemento de aparellos de cara a renovar as técnicas aprendidas nos cursos de formación de capacitación para a obtención da cualificación profesional.