A Xunta colabora coas asociacións de veciños e comunidade de usuarios de augas de Mos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a Asociación de veciños de Santa Baia e a Comunidade de usuarios de augas do barrio de Castro
Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Mos
A Xunta colabora coas asociacións de veciños e comunidade de usuarios de augas de Mos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron onte a Asociación de veciños de Santa Baia e a Comunidade de usuarios de augas para usos domésticos do barrio de Castro, en Mos, coas que a Xunta mantén unha liña de colaboración a través dunha orde de axudas. Na visita estiveron acompañados pola alcaldesa, Nidia Arévalo.

Ambas entidades teñen concedida unha subvención -de preto de 8.900 euros e duns 17.300 euros, respectivamente- no marco da convocatoria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións  ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociación de mulleres rurais. O obxectivo das axudas pasa por mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

En concreto, no caso dos veciños de Santa Baia, destinarán a subvención á mellora do edificio do que fan uso como sede, para arranxar os defectos producidos polo paso do tempo, e para dotarse de equipamento informático que permita á veciñanza o acceso e aprendizaxe das novas tecnoloxías.

No caso da comunidade de usuarios de auga de Castro, a axuda investirase na mellora do depósito, que se revestirá de aceiro para evitar filtracións e facilitar a limpeza, entre outras vantaxes.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.