A Xunta comprométese a convocar unha reunión antes do día 24 para procurar unha saída á situación de Vulcano

A Administración autonómica e os sindicatos concordan en que a actual encarga debe ser rematada en Vigo
Por o 18/01/2019 | Sección: CC.OO,Galicia,Naval,Protestas,Sindicatos,Vigo
A Xunta comprométese a convocar unha reunión antes do día 24 para procurar unha saída á situación de Vulcano

Esta tarde tivo lugar na Consellaría de Industria unha reunión entre o comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, o propio conselleiro mais o director do IGAPE. Froito da xuntanza, a Administración autonómica comprometeuse a convocar as partes implicadas a unha reunión urxente antes do vindeiro 24 de xaneiro, para tratar de chegar a unha solución «definitiva».

A reunión de hoxe tivo lugar tras a petición formulada o pasado día 15 por CCOO, UGT e CIG, ante a incerteza do persoal e a falta de información nos últimos tempos, malia o delicado da situación.

Os sindicatos coidan que a Xunta debe desempeñar un papel «relevante» na procura dunha solución, máis aínda cando se comprometeu a supervisar a xestión da actual construción.

Así mesmo, as tres organizacións salientan a necesidade de activar un plan que asegure a continuidade do tecido industrial e o mantemento do emprego, tanto directo como indirecto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.