A Xunta concede 625.000 euros en axudas para actuacións de mellora de centros de menores xestionados por entidades de iniciativa social

Fináncianse obras de mellora e tamén a compra de equipamentos

A Xunta de Galicia vén de resolver a concesión de axudas para obras de mellora e adquisición de equipamento en centros de menores xestionados por entidades de iniciativa social. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a listaxe de centros e entidades beneficiados destas achegas económicas, que ascenden a un montante global de 625.000 euros.

En total, outorgáronse 21 axudas para actuacións de adecuación en centros e outras 23 para a compra de equipamentos. Estas achegas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e contribúen a mellorar os servizos de acollemento residencial ou de atención de día a nenas, nenos e adolescentes que prestan entidades sociais, e que forman parte do sistema de protección de menores da Administración autonómica.

As axudas para obras de mellora oscilan entre os 32.600 euros, as de maior contía, e os 12.000 euros as de menor. As dirixidas á compra de equipamento sitúanse entre os 6.000 e os 10.000 euros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM