A Xunta confía en que a auditoría en Barreras axude a identificar solucións

Publicado por o día 20/11/2019 na sección de Galicia,Naval,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta confía en que a auditoría en Barreras axude a identificar solucións

Seguen as negociacións na procura dunha solución para Barreras, que está en preconcurso de acredores. O conselleiro de Economía confía en que o resultado da auditoría que se está a realizar no estaleiro vigués permitia definir canto antes as medidas que sirvan para reactivar o traballo. Mentres tanto, suliñou Francisco Conde, a Xunta segue a colaborar con todos os axentes implicados. “A Xunta xa actuou establecendo unha liña de axudas á industria auxiliar para que poida ter un colchón para afrontar as dificultades financeiras. O goberno galego tamén estará colaborando co Ministerio de Indutria, CESCE e Pymar para identificar esa solución que agardemos que o Consello de Administración de Barreras poida concretar de forma inmediata.”

Comentar noticia

Your email address will not be published.