A Xunta considera imprescindible o aumento de prazas MIR e EIR na vixente convocatoria

Solicítase naquelas especialidades máis deficitarias, ademais de noutras de áreas de coñecemento especialmente vinculadas á atención de pacientes por covid-19
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Salud,Sanidad,Xunta de Galicia

A Xunta considera imprescindible o aumento de prazas MIR e EIR na vixente convocatoria

A Xunta de Galicia vai solicitar ao Goberno central un incremento no número de prazas a ofertar para a formación de especialistas médicos e de enfermería na vixente convocatoria en curso 2019-2020. Para a Administración galega é imprescindible este aumento, xa que deste xeito poderá formar a un maior número de especialistas que se incorporen ás áreas sanitarias da comunidade tras o seu período de residencia.

Concretamente solícitase un incremento de prazas para residentes daquelas especialidades máis deficitarias ademais de noutras de áreas de coñecemento especialmente vinculadas á atención de pacientes por covid-19. Así, as prazas a incrementar serían un Mir en anestesioloxía e reanimación, un Mir de medicina interna, un Mir de medicina intensiva, un Mir de xeriatría, un Mir de microbioloxía e parasitoloxía, dous Mir de radiodiagnóstico, cinco Mir de medicina familiar e comunitaria, dous Mir de medicina preventiva e saúde pública e un Eir de enfermería xeriátrica. En total serían 15 novas prazas.

Estes incrementos engadiríanse aos xa realizado na convocatoria en curso, polo que a oferta vixente 2019-2020 pasaría de 457 a 472 prazas. Galicia xa realiza este ano a maior oferta do seu rexistro histórico para a formación sanitaria especializada. Na comparativa da nova convocatoria 2019-2020 coa do ano anterior, rexístrase con esta ampliación un incremento total do 16,83%, 68 prazas máis que en 2018.

Comentar noticia

Your email address will not be published.