A Xunta consolida neste ano un incremento do 40% nas axudas destinadas ás familias acolledoras ata acadar os 3,4 M€

Desde 2009 incrementouse en preto dun 11% o número de familias galegas que participan neste programa
Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,Social,Xunta de Galicia

A Xunta consolida neste ano un incremento do 40% nas axudas destinadas ás familias acolledoras ata acadar os 3,4 M€

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou a tarde de onte, nunha resposta oral no Pleno do Parlamento de Galicia, que na actualidade se destinan 3,4 millóns de euros ao programa de acollemento familiar, que se desenvolve en colaboración coa Cruz Vermella. Esta cantidade consolida a subida do 40% introducida no exercicio pasado.

Fabiola García fixo fincapé na solidariedade destas familias ás que garantiu que seguirán a contar co apoio da Xunta de Galicia. De feito, nos últimos dez anos incrementouse en preto dun 11% o número de familias galegas que acollen a nenas, nenos e adolescentes en risco de desamparo ou desprotección social. Este aumento supuxo que en 2018 o banco de familias acolledoras na nosa comunidade chegase ás 317 e que grazas a elas 281 menores foran acollidos.

Ademais, a conselleira apuntou o aumento da contía coa que se remuneran ás familias acolledoras, que nesta lexislatura é dun 16%, polo que pasou dos 240 euros ata os 280 actuais para o acollemento de menores entre os 3 e os 18 anos.

Fabiola García afirmou que o Goberno galego continuará a dar prioridade ao acollemento familiar como medida de protección de menores en risco, pois permite a integración destes nun ambiente familiar que lles proporciona seguridade, afecto e estabilidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.