A Secretaria Xeral da Emigración informa da publicación no DOG de hoxe, 22 de xaneiro (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210122/AnuncioG0595-200121-0001_gl.html) da convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará de xeito telemático o próximo 8 de febreiro.
Durante este encontro, analizaranse as novas ordes de axudas que están a punto de publicarse e as novidades que presentan no actual escenario mundial da Covid-19. Deste xeito, se exporán as liñas de axudas económicas individuais, as axudas para equipamentos, actividades, funcionamento e obras das entidades do exterior, así como as bolsas Beme para universitarios e as axudas de emerxencia social.
Ademais, tamén se porá sobre a mesa a planificación dos diferentes programas a desenvolver este ano coas entidades, en especial, tendo en conta que estamos xa a celebrar o Xacobeo. Entre os temas a tratar estará tamén a celebración do Día da Galicia Exterior.
O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.
A Comisión, que se reúne con carácter ordinario a lo menos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.