A Xunta convoca para os vindeiros días 24 e 25 de outubro, en Poio, e o 26, en Sanxenxo, aos titulares de terreos afectados polas obras de mellora de seguridade viaria na estrada Pontevedra-A Lanzada (PO-308) para o levantamento de actas previas.
Os propietarios de fincas afectadas en Poio deberán achegarse os días 24 e 25 de outubro á casa consistorial, entre as 9 e as 14 horas; e os titulares de terreos situados en Sanxenxo farán o mesmo no correspondente concello o día 26, a partir das 10.30 horas.
Trátase dunha actuación licitada en xuño por un importe de máis de 1,5 millóns de euros, que se complementa de modo coordinado coa senda O Covelo – Raxó , cuxas obras comenzaron este mes.
O proxecto, enmarcado na estratexia da Xunta para ter eliminados en 2020 os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, ten como obxectivo incrementar a seguridade entre o acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa.
Ente as intervencións proxectadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda destaca a execución dunha semiglorieta no acceso ao peirao do Covelo e unha glorieta na intersección coa PO-303 en Samieira.
O proxecto inclúe ademais a construción dun carril central na intersección co Camiño Salgueiral e o acceso á Praia de Laño, así como a execución dunha segunda glorieta para acceso ao porto de Raxó.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.