A Xunta convoca as asociacións veciñais a unha reunión informativa sobre as axudas para a dinamización do asociacionismo de Vicepresidencia

A Xunta convoca as asociacións veciñais a unha reunión informativa sobre as axudas para a dinamización do asociacionismo de Vicepresidencia
Publicado por o día 14/01/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Xunta de Galicia

A Xunta convoca as asociacións veciñais a unha reunión informativa sobre as axudas para a dinamización do asociacionismo de Vicepresidencia

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra será escenario este próximo venres, día 17 de xaneiro, dunha reunión para expor a liña de axudas para a dinamización do asociacionismo que acaba de publicar Vicepresidencia.

O acto contará coa presenza da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e ao mesmo están convocadas todas as asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais da provincia, co obxectivo de que coñezan as vantaxes de solicitar estas axudas.

As actuacións que se subvencionan ao abeiro desta orde son por unha banda, os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título; e por outra banda, os equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario.