A Xunta de Galicia acompaña a FAXPG na celebración do Día Internacional das Persoas Xordas

Publicado por o día 30/09/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia acompaña a FAXPG na celebración do Día Internacional das Persoas Xordas

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, asistiu a mañá de onte ao acto conmemorativo do Día internacional das persoas xordas celebrado en Santiago pola Federación de asociacións de xordos de Galicia (FAXPG).

A titular autonómica destacou que na tarefa de procurar o maior benestar dos galegos e galegas, cómpre prestar especial atención a aquelas que, por diferentes circunstancias, máis precisan do apoio da Administración autonómica, como é o caso deste colectivo. “Hoxe, a través deste encontro, reafirmamos o noso compromiso coas persoas xordas e coa construción dunha sociedade máis igualitaria e inclusiva”, afirmou García.

No 2018 a Xunta achega a FAXPG máis de 820.000 euros destinados ao apoio e formación dos seus usuarios.