A Xunta de Galicia apoia os traballadores sociais no día mundial dos profesionais deste campo

Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia os traballadores sociais no día mundial dos profesionais deste campo

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, asistiu hoxe ao acto do Día Mundial do Traballo Social organizado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e celebrado esta tarde en Santiago.

Neste data conmemórase o compromiso, a contribución e o labor dos profesionais que traballan en prol dos dereitos sociais de todos e cada un dos galegos. Ademais, por segundo ano consecutivo, desde o Colexio estase a traballar no terceiro compromiso da axenda global Promovendo comunidades e contornas sustentables.

Parrado destacou o importante labor que desenvolven os traballadores sociais na nosa comunidade sobre todo tendo en conta que é a profesión que promove o cambio social, a solución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento das persoas para incrementar o seu benestar.