A Xunta de Galicia entregará 26 distincións ao mérito deportivo o vindeiro martes 13 de novembro en Santiago

As distincións foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010 e son concedidas en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma
Por o 06/11/2018 | Sección: Deportes,Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia entregará 26 distincións ao mérito deportivo o vindeiro martes 13 de novembro en Santiago

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entregará o vindeiro martes 13 de novembro as distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2018 nun acto que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

Os 26 premiados nesta edición son:

– Alberto Torreiro Santiso (atletismo)

– Alfonso Pazos Martínez (baloncesto)

– Cesáreo Rivera Pérez (fútbol)

– Conrado Durantez Corral (directivo COE)

– Evaristo Portela Acuña (ciclismo)

– Francisco ‘Pucho’ Boedo Vázquez (judo)

– Guillermo González López (fútbol sala)

– Ismael Fabián Santos Rodríguez (baloncesto)

– Javier Álvarez Salgado (atletismo)

– Jesús Iglesias Rodríguez (tenis)

– José Ángel ‘Pepe’ Casal Fernández (baloncesto)

– José Fernández Alborés (tenis de mesa)

– José García Cabreros (fútbol e hóckey patíns)

– José Teixeira Alonso (atletismo)

– Juan Carlos Conde Silva (kick boxing)

– Julia Estévez Mengotti (mestra Educación Física)

– Luis Nogueira Fernández (atletismo)

– Manuel Losada Zon (xornalista deportivo)

– Mauricio Monteserín Gómez (remo)

– Natividad Astray Goicoechea (atletismo)

– Nieves Gamallo Adrio (balonmán)

– Pablo Rodríguez Vázquez (ciclismo)

– Paulino Martínez Otero (balonmán)

– Teresa Martínez Cancelo (hóckey patíns)

– Victorio Alonso Martínez (baloncesto)

– Colexio Manuel Peleteiro

Estas distincións foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte e son concedidas anualmente por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

O anuncio será publicado o vindeiro xoves 8 de novembro no Diario Oficial de Galicia.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.