A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Quercus, no concello de Leiro

As Consellerías de Sanidade e Política Social toman esta medida para reforzar o persoal do centro e garantir a calidade asistencial
Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Coronavirus,Galicia,Ourense,Salud,Sanidad

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Quercus, no concello de Leiro

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia de maiores Quercus, no concello ourensán de Leiro, co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.

A residencia de maiores Quercus, de Leiro, rexistra 68 casos positivos entre os usuarios e 15 entre os traballadores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.