A Xunta de Galicia realizara un cribado a 500 estudantes e traballadores do Colexio Apostol Santiago de Vigo

Un equipo de profesionais de enfermaría achegouse hoxe ao centro para realizar unha PCR a todo o persoal e alumnado que aceptase participar neste cribado

A Xunta de Galicia realizou hoxe un cribado a 500 persoas, entre estudantes e traballadores, do Colexio Apostol Santiago-Xesuítas, para detectar posibles casos positivos de Covid-19 que non presentan síntomas clínicos, e controlar así a circulación do virus. Trátase dunha actuación que xa estaba programada para realizar unha vez pasado o período navideño. No mes de decembro xa efectuouse un cribado no CIFP Manuel Antonio de Vigo, onde se testaron a 1.000 persoas e detectáronse 13 casos positivos.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Tapias, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, visitaron onte o centro para coordinar e ultimar os detalles desta acción.

Así, no dia de hoxe, un equipo de 2 profesionais de enfermaría desprazouse a ese centro de ensinanza para realizar a proba PCR aos que de xeito voluntario acepten participar nesta estratexia.

A partir de agora vaise desenvolver un Plan de abordaxe de cribado de todos os centros educativos segundo os protocolos da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Trátase de continuar desenvolvendo iniciativas que permitan incrementar a capacidade diagnóstica da área para facer fronte a pandemia da Covid-19 e garantir centros de ensinanza libre de virus. En vez de esperar a aparición de pacientes con síntomas, efectúase unha acción proactiva de busca e identificación dos asintomáticos, para controlar o antes posible os brotes da enfermidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM