A Xunta de Galicia remitelle unha carta ao Concello de Vigo sobre o asunto da ampliación do IFEVI

Publicado por o día 17/01/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia remitelle unha carta ao Concello de Vigo sobre o asunto da ampliación do IFEVI

NoticiasVigo.es tivo acceso a carta  enviada ao Concello de Vigo hoxe 17 de xaneiro de 2020, a cal exponemos públicamente.

D. Abel Caballero Álvarez
Alcalde-Presidente do Concello de Vigo

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Estimado alcalde,

Como contestación á carta remitida pola súa concelleira de urbanismo, María José Caride, de data 16 de xaneiro de 2020, e na que non daba resposta a ningunha das cuestións que lle plantexaba, recórdolle o seguinte:

Que o goberno galego amosa o seu total compromiso coa ampliación de IFEVI, polo que, dado que o seu goberno municipal non ten incluidos os terreos sobre os que se pretende levar a cabo a citada ampliación na súa ordenación provisional, procedese á aplicación da Lei 3/2016.

Polo que, unha vez máis, a Xunta de Galicia vai resolver os problemas ocasionados pola falta de planificación urbanística do concello de Vigo.

Dado que se inicia a tramitación da aplicación da Lei 3/2016, lémbrolle que debería remitirnos o informe de AENA, mencionado extraoficialmente pola súa concelleira de urbanismo, posto que, como vostede ben sabe, este informe é preceptivo e vinculante na tramitación da Lei 3/2016, tal como establece o seu artigo 5 que dispón que: “A Consellería competente por razón da materia
remitirá o expediente á Consellería competente en Urbanismo e ordenación do Territorio, á que solicitará con carácter de urxencia aqueles informes que sexan preceptivos de acordo coa lexislación sectorial aplicable…”

En todo caso, concordará comigo que o compromiso da ampliación de IFEVI, non debe afastarnos da obriga que todas as administracións temos de cumprir estritamente a legalidade vixente e de transmitir información veraz aos axentes implicados.

Atentamente