A Xunta de Galicia súbese ao autobús da campaña de ámbito nacional A nova cara do Alzhéimer

Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Social

A Xunta de Galicia súbese ao autobús da campaña de ámbito nacional A nova cara do Alzhéimer

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu hoxe no parque da Alameda da cidade compostelán á presentación do autobús posto en circulación pola Confederación Alzhéimer España. Esta iniciativa enmárcase nunha campaña de sensibilización sobre esta doenza que hoxe chega a Galicia e que leva por nome A nova cara do Alzhéimer.

Ildefonso de la Campa sinalou que nun futuro calquera persoa pode ser afectada polo Alzhéimer. Neste sentido, defendeu a necesidade de continuar co traballo no eido da investigación para detectar canto antes os primeiros indicios desta enfermidade e poder retrasar as súas consecuencias na medida que sexa posible. Tamén avogou por unha maior coordinación das áreas social e sanitaria para que as persoas que o padecen e as súas familias conten cunha mellor atención.