A Xunta de Goberno de Vigo aprobou as obras de contratación da primeira fase de humanización da rúa Colombia

Publicado por o día 02/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Xunta de Goberno de Vigo aprobou as obras de contratación da primeira fase de humanización da rúa Colombia

A Xunta de Goberno aprobou as obras de contratación da primeira fase de humanización da rúa Colombia, cun orzamento de licitación de 483.000 euros e un prazo de execución de seis meses. “O proxecto inclúe a renovación dunha rede de abastecemento que está en moi mal estado, é unha rúa moi deteriorada a que ningún goberno fíxolle caso no último século ata que chegamos nos”, indicou o alcalde.

Por último, tamén foi aprobado en Xunta de Goberno a contratación do servizo de limpeza e mantemento da Escola Municipal de Artes e Oficios cun importe de 680.000 euros. O contrato adxudícase por catro anos, cunha prórroga de outros dous.