A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o servizo de programación e execución dos Campamentos de Verán 2019

Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o servizo de programación e execución dos Campamentos de Verán 2019

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o expediente de contratación do servizo de programación e execución dos Campamentos de Verán 2019 que teñen un orzamento de 228.000 euros. Son campamentos náuticos, mariñeiros, na praia, de temática ecolóxica, artística, multideportiva, en inglés e con pernocta en Vigozoo.

O rexedor expuxo que se trata “dunha pequena parte dos campamentos, os que se fan desde Xuventude e Medio Ambiente” pero haberá máis xa que “en 2019 vamos a bater marcas na oferta de prazas de campamentos de verán”.