A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a proposta de proxecto básico de “Rexeneración do Paseo da Fronte Marítima da Vila de Bouzas”

A reforma do paseo de Bouzas xa está aprobada polo Concello de Vigo
Publicado por o día 31/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a proposta de proxecto básico de “Rexeneración do Paseo da Fronte Marítima da Vila de Bouzas”

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a proposta de proxecto básico de “Rexeneración do Paseo da Fronte Marítima da Vila de Bouzas”. Agora enviarase ao Servizo Provincial de Costas para que dea o visto e prace canto antes e poida ser redactado o proxecto construtivo.

É un proxecto moi ambicioso para reformar todo o Paseo de Bouzas nunha primeira fase, debido a que xa fixemos tamén o deseño do paseo ata Samil. O orzamento basee de licitación é de 1,28 millóns de euros e o prazo de execución será de 11 meses.

A actuación abarca unha superficie de 7.800 metros cadrados nun tramo de 500 metros (desde a igrexa de Bouzas ata a ponte da VG-20). A licitación do proxecto por parte do Concello está prevista para o último trimestre de 2020.

No proxecto básico xa se contempla a demolición parcial de parte do muro que delimita zona de praia, a restitución das zonas danadas do paseo de madeira, novas redes de servizo con sistema de augas pluviais, rede de abastecemento e rede de iluminación pública. Ademais, instalaranse pavimentos de pedra fronte aos edificios e outras zonas axardinadas, con pavimentos de madeira e de xabre. Tamén haberá varandas e paneis informativos.

Avenida de Madrid

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou a proposta de conformidade co proxecto de trazado da “Remodelación da Avda. De Madrid” cun orzamento de 13,4 millóns de euros, dos que o Ministerio de Fomento achegará 8,98 millóns e o Concello outros 4,49 millóns.

O alcalde explicou que o Ministerio de Fomento xa procedeu á exposición pública e traballa agora para incorporar as alegacións e redactar a continuación o proxecto construtivo. Será o Concello quen licitará a obra e executará a reforma.

Comentar noticia

Your email address will not be published.