A Xunta destaca a calidade e lonxevidade do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020

O secretario xeral de Cultura e Turismo e a directora xeral de Avaliación Reforma Administrativa e secretaria Xeral da Igualdade por delegación participaron na presentación deste evento que finalizará o domingo
Publicado por o día 19/08/2020 na sección de Cultura,Deportes,Xunta de Galicia

A Xunta destaca a calidade e lonxevidade do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020

O secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Manuel Vila, e a directora xeral de Avaliación Reforma Administrativa e secretaria Xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participaron hoxe na presentación do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020 que representa un dos eventos de surf máis sólidos e lonxevos do mundo.

No escenario excepcional da praia de Pantín, o certame celebra a súa 33 edición ata o día 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaíntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.

A Xunta de Galicia cre firmemente que o deporte é un xeito de enriquecer a actividade turística da nosa Comunidade. Neste sentido, durante os últimos anos a administración autonómica busca o impulso de Galicia como destino deportivo de primeiro nivel e este evento é unha proba da forte unión que existe entre deporte e turismo activo.

O impacto da crise sanitaria ao sector turístico esixiu dunha resposta inmediata por parte da Xunta de Galicia. Por este motivo, Galicia foi a primeira Comunidade en aprobar un Plan de Reactivación dos sectores Turístico e Cultural dotado con 58 millóns de euros. Entre as súas principais medidas recolle a de Galicia destino seguro para impulsar a nosa terra como destino fiable e de calidade. O Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020 cumpre con estas características grazas ao traballo conxunto da organización e das administracións o que permitirá que este evento se desenvolva con normalidade. Agora seguirá exercendo como un motor de impulso para a reactivación e xeración de riqueza no noroeste galego.

Comentar noticia

Your email address will not be published.