A Xunta destaca a importancia da Festa do viño da Ulla para poñer en valor esta produción agroalimentaria

Publicado por o día 08/04/2018 na sección de Eventos

A Xunta destaca a importancia da Festa do viño da Ulla para poñer en valor esta produción agroalimentaria

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiu hoxe á XXXVIII edición da festa de exaltación do viño da Ulla, que se celebra na parroquia de San Miguel de Sarandón do concello de Vedra.

Alí destacou a importancia deste tipo de celebracións para poñer en valor as producións agroalimentarias galegas en xeral e o viño en particular. Salientou, ademais, as xornadas técnicas sobre a cultura do viño que tiveron lugar con motivo deste evento festivo e nas que se falou sobre técnicas de cultivo, viticultura e maridaxe gastronómica dos viños da Ribeira do Ulla, unha das cinco subzonas nas que se estrutura a denominación de orixe Rías Baixas.