A Xunta destaca en Vigo que Mindtech 2019 nace con vocación de ser un referente internacional e atraer empresas

Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

A Xunta destaca en Vigo que Mindtech 2019 nace con vocación de ser un referente internacional e atraer empresas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a presentación no Ifevi da feira internacional da industria Mindtech 2019, que se celebrará en Vigo entre o 10 e o 12 de setembro, que este evento nace coa vocación de ser un referente internacional e coa intención de atraer empresas e investidores estranxeiros.

A feira será un escaparate da potencialidade da industria da Eurorrexión e, especialmente, no eido da innovación. Neste sentido, Conde repasou os principais fitos acadados por Galicia en materia de Industria 4.0 na automoción e no sector aeronáutico; así como as axudas que a Xunta pon a disposición das empresas para impulsar a súa transformación dixital e que este ano acadarán os 70M€ en mobilización.