A Xunta destaca o labor fundamental das bibliotecas públicas no fomento da lectura

A Consellería de Cultura publica anualmente o Calendario do Libro e da Lectura para animalas a celebrar actividades arredor das principais datas e efemérides
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Cultura

A Xunta destaca o labor fundamental das bibliotecas públicas no fomento da lectura

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe á tarde no seminario De la creación a la librería, onde destacou o labor fundamental das bibliotecas pública no fomento da lectura entre a cidadanía. A actividade foi desenvolvida polo Ministerio de Cultura na Biblioteca Pública Ánxel Casal, e a través dela ofreceuse aos usuarios unha charla coa tradutora María Alonso Seisdedos.

Anxo M. Lorenzo salientou que a Xunta de Galicia publica anualmente o Calendario do Libro e da Lectura, un material que distribúe entre as librarías e as bibliotecas públicas para animar a realizar actividades arredor das principais datas e efemérides vinculadas co libro e coa literatura no próximo ano. Precisamente a finalidade é favorecer o achegamento á lectura tanto ás persoas que xa teñen este hábito como ás que aínda non o desenvolveron.

Neste sentido, o secretario xeral de Cultura puxo en valor iniciativas como a desenvolvida hoxe na Biblioteca Pública Ánxel Casal, que achegan os autores literarios aos espazos bibliotecarios e aos usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A actividade enmárcase no ciclo de charlas do seminario online gratuíto De la creación a la librería. Cómo se hace un escritor y cómo trabaja un escritor en España, que comezou o 2 de novembro. A Biblioteca Pública Ánxel Casal acollerá outra destas charlas maxistrais o vindeiro 9 de decembro, ás 19,30 h, da man do escritor Domingo Villar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.