A Xunta destaca o potencial económico que xera o sector vitivinícola que ano tras ano segue apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización

Alfonso Rueda visitou esta mañá a adega Lagar de Fornelos, no arranque da vendima, onde destacou que o vitivinícola é un sector estratéxico como xerador de emprego
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Agricultura e Gandería,Economía

A Xunta destaca o potencial económico que xera o sector vitivinícola que ano tras ano segue apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe a importancia que ten o noso sector vitivinícola na nosa comunidade como potencial económico que segue apostando polas novas tecnoloxías e a internacionalización.

Alfonso Rueda visitou esta mañá a bodega Lagar de Fornelos, no día de arranque da vendima, onde destacou que o vitivinícola é un sector estratéxico na nosa economía, xerador de emprego e por riba cunha ampla contribución ao rural e ao medio ambiente, polo que a Xunta mantén a súa aposta polo sector vitivinícola e na última década destinou case 15 millóns de euros a apoiar os Consellos reguladores do viño, dos cales case 13 millóns se dedicaron a promoción dun sector que engloba a máis de 13.000 viticultores e máis de 450 adegas.

A adega Lagar de Fornelos, que pertence ao grupo adegueiro La Rioja Alta, S.A.,adicase ao cultivo da vide, a elaboración e embotellado de viños e a elaboración e embotellado de augardentes, para o cal dispoñen de 75 ha de viñedo, 60 no Rosal e 15 ha no Salnés, unha adega de elaboración de viño e unha pequena destilería. No ano 2012, levaron a cabo unha reforma das súas instalacións que permitiu aumentar a capacidade para procesar uva ata os 900.000 quilos, equivalentes a unha produción de 612.000 botellas anuais. Adegas Lagar de Fornelos comercializa as marcas Lagar de Cervera e Pazo Seoane e os augardentes Viña Armenteira.

Polo que se refire ao mercado dos seus produtos, a empresa vende en Galicia o 25%, outro 25% no resto de España e o 50% destínase á exportación, sendo os principais mercados o Reino Unido, México, Alemaña, Suíza, Estados Unidos e outros países como Xapón e Venezuela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.