A Xunta destaca que os 3 novos GES en Pontevedra permitirán mellorar a cobertura das emerxencias na provincia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento dos novos GES na provincia de Pontevedra a representantes da Deputación provincial e dos concellos sede destes grupos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto; e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; participaron hoxe xunto coas delegadas territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luisa Piñeiro e Marta Fernández-Tapias, nunha reunión sobre a posta en marcha dos tres novos GES na provincia pontevedresa co obxectivo de mellorar a cobertura das emerxencias.

No encontro participaron por videoconferencia o deputado provincial de Pontevedra, Carlos López Font; xunto cos alcaldes de A Lama, Jorge Canda; A Cañiza, Luis Gómez Piña; e as alcaldesas de Mos e Redondela, Nidia Arévalo e Digna Rivas. A Comisión de Seguimento dos GES, da que forman parte a Xunta, as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), acordou para a provincia de Pontevedra poñer en funcionamento 3 novos Grupos de Emerxencia Supramunicipal con base nos concellos de A Lama e a Cañiza e no caso do GES Mos/Redondela, cunha sede en cada un dos dous municipios.

Para mellorar a cobertura na provincia pontevedresa, a proposta da Xunta inclúe, por unha banda, a creación de dous GES en A Lama e A Cañiza. Así, o GES de A Lama dará servizo a concellos como Fornelos de Montes, Ponte Caldelas e A Lama, que non estaban asignados a ningún grupo, ademais de Cerdedo-Cotobade, que contaba cunha cobertura deficiente. No caso do GES de A Cañiza mellorase a cobertura dos municipios de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente.

Por outra parte, nos municipios dos arredores de Vigo plantexouse un GES con dúas bases, unha delas en Redondela e outra en Mos, que atenderá aos concellos de Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

A provincia pasa a contar con 9 GES, dous deles de base compartida ( Estrada –Lalín e Mos-Redondela), s 3 de nova creación máis os de Baixo Miño, Mancomunidade do Val Miñor, Ponteareas, Sanxenxo, Deza, a subzona Tabeirós-Terra de Montes e Ulla-Umia.

O novo mapa de emerxencias para garantir unha maior e mellor cobertura en Galicia en situacións de emerxencia disporá de 5 novos GES na comunidade galega: os 3 en Pontevedra xunto con outros 2 en Ourense –un con sede no concello de A Veiga e outro en Maceda- así como un servizo municipal no concello coruñés de Noia.

Natalia Prieto sinalou que estes novos grupos permitirán mellorar e reducir os tempos de resposta nos casos de situacións de emerxencia, polo que apelou a seguir colaborando cos concellos e deputacións provinciais para ofrecer unha mellor atención e continuar a completar o mapa de emerxencias que abarca o territorio galego. De feito, cos 6 novos servizos Galicia terá un total de 29 GES e 4 servizos municipais.

Cos novos GES, o investimento da Xunta nestes servizos incrementarase en 300.000 euros ata superar os 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do seu custo anual. O Goberno galego reafirma así o seu compromiso coa creación e mantemento destes grupos postos en marcha en 2013 en consenso coas deputacións e os concellos. Ademais, nos últimos anos a Xunta realizou un importante esforzo para reforzar o equipamento dos servizos de emerxencias dos municipios –tanto os GES como as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil- cun investimento de 15,3 millóns de euros.

A directora xeral de Administración Local explicou que unha vez que os concellos sede dos novos GES se adhiran ao acordo de colaboración entre Xunta, deputacións e FEGAMP, xa se poderían realizar as contratacións do persoal, a través dos procesos de selección correspondentes que inclúen formación neste ámbito que se impartirá desde a Academia Galega da Seguridade Pública (AGASP).

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario