A Xunta destina máis de 30.000 euros a un programa da asociación de mulleres en igualdade de Vigo para concienciar sobre a violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, reuniuse hoxe por videoconferencia con representantes da organización

A Xunta aposta polo apoio ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade coa convocatoria anual de axudas a entidades de iniciativa social para levar a cabo programas dirixidos a estas mulleres que permitan dotalas dunha maior autonomía e mellorar a súa situación laboral, social e persoal.

A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros cofinanciados polo Fondo Social Europeo e unha das organizacións beneficiarias foi a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, que recibiu unha dotación de 30.275 euros para executar o proxecto “Violencia de xénero, unha realidade oculta”.

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, reuniuse esta mañá por videoconferencia coa presidenta da organización, Patricia López e a secretaria, Lucía Míguez, co obxectivo de avaliar o desenvolvemento desta iniciativa. No encontro tamén participou a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste.

A través deste proxecto, a asociación organiza charlas de concienciación sobre violencia de xénero en concellos da provincia de Pontevedra, en especial nas áreas rurais debido á maior incidencia neste ámbito e onde se require unha maior visibilización.

Ademais destas actividades informativas, o programa tamén inclúe outros recursos integrais de atención personalizada e especializada financiados ao abeiro das axudas da Xunta como asesoramento xurídico, servizos de orientación laboral e actividades para mellorar a empregabilidade das mulleres do rural da área pontevedresa.

O Goberno galego vén apoiando nos últimos anos a actividade da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo cun investimento que ascende a máis de 64.200 euros.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario