A Xunta duplica a achega do instituto galego de vivenda e solo ao Consorcio do Casco Vello de Vigo nos próximos dous anos

O convenio asinado en 2017 establecía unha achega anual de 200.000 euros, que agora se modifica e se amplía ata os 400.000 anuais para os vindeiros dous exercicios.
Publicado por o día 21/11/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta duplica a achega do instituto galego de vivenda e solo ao Consorcio do Casco Vello de Vigo nos próximos dous anos

A Xunta de Galicia duplicará a súa achega ao Consorcio do Casco Vello de Vigo nos anos 2020 e 2021, ata chegar a un orzamento de 400.000 euros no ano 2020 e doutros 400.000 no 2021.
Así se establece na modificación do convenio de colaboración, aprobada esta maná polo Consello da Xunta, entre o Instituto Galego de Vivenda de Solo (IGVS) e o Concello de Vigo, polo que se prorrogou a vixencia do Consorcio.

Con esta modificación, o IGVS achegará ao Consorcio 400.000 euros en cada unha das anualidades 2020 e 2021, o que supón duplicar os 200.000 euros previstos inicialmente. O IGVS mantén no Consorcio o 90% do capital do mesmo.

Cómpre lembrar que en 2017 remataba a súa vixencia ante a nercisidade de continuar desenvolvendo actuacións de rehabilitación na zona, o IGVS propuxo a prórroga da súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021, polo que se asinou un novo acordo entre as partes. A modificación autoriza esta mañá implica duplicar a achega das administracións asinantes nos vindeiros dous exercicios.

O Consorcio do Casco Vello de Vigo naceu en febreiro de 2005, co obxetivo de actuar na rehabilitación da zona máis degradada do concello vigués. Dende a súa creación, o Consorcio do Casco Vello de Vigo adquiriu 78 inmobles, dos que 60 xa están rehabilitados e outros seis están en fase de rehabilitación actualmente. Nos inmobles rehabilitados polo Consorico obtiveronse 106 vivendas e 32 locais comerciais.

Para 2020 o Consorcio do Casco Vello de Vigo conta cun orzamento de 1,64 millóns de euros e prevé duplicar os investimentos realizados en 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.