A Xunta e Goberno Central coordinan os recursos para garantir o control de entrada da uva foránea

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Alimentación,Xunta de Galicia

A Xunta e Goberno Central coordinan os recursos para garantir o control de entrada da uva foránea

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá nunha xuntanza celebrada na Subdelegación de Goberno co obxecto de coordinar os recursos dos Gobernos central e autonómico para o control da entrada de uva foránea na provincia de Ourense nestas datas de vendima. Na reunión tamén participaron o subdelegado de Ourense, Emilio González Afonso, responsables da Policía Nacional e Autonómica e da Garda Civil, así como responsables dos consellos reguladores das denominacións de orixe existentes na provincia.