A Xunta é incapaz de ofrecer información sobre seguridade e asistencia sanitaria a peregrinos coa que se comprometeron

Publicado por o día 08/11/2018 na sección de Política,PSOE

A Xunta é incapaz de ofrecer información sobre seguridade e asistencia sanitaria a peregrinos coa que se comprometeron

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, amosou hoxe a súa sorpresa pola negativa do goberno galego a facer pública a execución do servizo de seguridade e os plans de asistencia sanitaria aos peregrinos no Camiño de Santiago. Así o dixo logo do silencio amosado hoxe polo goberno galego na Comisión de Turismo do Parlamento.

O responsable socialista solicitáralle ao goberno que fixera públicos os “indicadores de execución” que eles mesmos estableceron para avaliar o cumprimento das accións establecidas no Plan director do Camiño de Santiago”. De acordo con aquel indicador de execución, o goberno galego debera ter contabilizadas as incidencias sanitarias e as denuncias rexistradas no Camiño.

Pérez Seco presentou esta pregunta en Comisión despois de que, a pesares de estar recollido no propio Plan, o goberno galego respondera por escrito que “non é posible achegar dita información xa que os sistemas de información do Servizo Galego de Saúde non rexistran se a persoa atendida é peregrino”.