A Xunta e o Banco Santander acometen a rexeneración ambiental, paisaxística e preventiva da zona afectada polo lume de Ponteareas de 2017

Os labores contan cun orzamento total de preto de 860.000 euros e con eles procúrase reforzar a protección e autoprotección fronte o risco de incendios forestais, xerando novas ferramentas no monte
Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

A Xunta e o Banco Santander acometen a rexeneración ambiental, paisaxística e preventiva da zona afectada polo lume de Ponteareas de 2017

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, presidiu hoxe a reunión da comisión de seguimento do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Banco Santander para levar a cabo actuacións de rexeneración ambiental, paisaxística e preventiva en zonas de valgadas afectadas polo incendio rexistrado en outubro de 2017 na parroquia de Padróns (Ponteareas). Este lume afectou tamén aos concellos limítrofes de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Soutomaior, Pontecaldelas e Cotobade.

Os labores contan cun orzamento total de preto de 860.000 euros, e con eles procúrase reforzar a protección e autoprotección fronte o risco de incendios forestais, xerando novas ferramentas no monte.

A devandita comisión constatou o importante avance rexistrado nestes traballos, que se centran no cambio de uso de dúas parcelas de 135 e preto de 11 hectáreas, para a súa transformación en pasteiros, así como en tratamentos para a vexetación en 72 hectáreas. Tamén se están creando descontinuidades en valgadas, coa plantación de ata 105.000 bidueiros.